É imprescindible a lectura dos textos obrigatorios antes das clases.
É imprescindible o emprego de Moovi para recibir as comunicacións da profesora e o acceso ao material docente dos arquivos.
Recoméndase que o estudantado ERASMUS/Alleo comprobe previa reunión co profesorado a pertinencia na escolla da materia habida conta da súa traxectoria académica previa na súa universidade de orixe e a súa competencia lingüística.
A normativa de horarios/probas/exames e convocatorias é a mesma para todo o alumnado. Non se farán excepcións de ningún tipo co alumnado Alleo/ERASMUS.
Recoméndase o emprego regular dos recursos da Biblioteca e a formación continua no uso dos mesmos.
|