Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Goberno, dirección e xestión TIC
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedementais en relación coa materia, a través do uso do TIC. Permiten avaliar os coñecementos e habilidades do alumno/a. Avaliaranse mediante entregables. Realizaranse 6 entregables na fase a distancia (subiranse á plataforma os enunciados por parte do profesor e o alumno terá que subir a resolución) pertencentes aos siguintes temas:
- E1: exercicio de aplicación das 5 forzas de Porter (tema 1) (10%),
- E2: actividades 1, 2 e 3 (tema 2) (15%),
- E3: exercicio (tema 3) (5%),
- E4: actividades 1, 2 e 3 (tema 4) (15%),
- E5: exercicio (tema 5) (12.5%) e
- E6: cuestionario de preguntas sobre RRHH-gestión do talento (tema 6) (10%).
67.5 A7
A8
A9
A10
B1
B3
B6
C1
C2
C3
C4
D1
D3
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Abordarase a exposición por parte do alumno dos siguintes exercicios na fase presencial (pertencentes ao tema 5):
- P1: exercicio 1 presentado por grupos “Debate CIO” (10%),
- P2: exercicio 2 presentado por grupos “Mapa estratéxico” (10%) y
- P3: traballo final na fase presencial e individual “Qlik Sense” (12.5%).
32.5 A7
A8
A9
A10
B1
B3
B6
C1
C3
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.1 * E1 + 0.15 * E2 + 0.05 * E3 + 0.15 * E4 + 0.125*E5 +0.1*E6 + 0.1*P1 + 0.1*P2 + 0.125*P3

Será necesario obter, polo menos, o 50% da cualificación para superar a materia.

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación en devandita convocatoria extraordinaria consistirá nunha única proba escrita, que se realizará na modalidade a distancia, a cal suporá o 100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar a materia.

INTEGRIDADE ACADÉMICA: 

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigoa utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000