Tema |
Subtema |
TEMA 1: INTRODUCIÓN: IMPORTANCIA DA TECNOLOXÍA AMBIENTAL NA SOCIEDADE |
1. Contaminación e impactos ambientais
2. Fitos na protección do medioambiente
3. Catástrofes ambientais |
TEMA 2: PRINCIPAIS OPERACIÓNS UNITARIAS EMPREGADAS EN TECNOLOXÍA AMBIENTAL |
1. Introdución ás operacións unitarias: concepto e clasificación
2. Operacións de separación controladas pola transferencia de materia
3. Operacións de separación controladas pola transferencia de enerxía
4. Operacións de separación controladas pola transferencia de materia e enerxía
5. Operacións de separación controladas polo transporte de cantidade de movemento
6. Operacións de separación mediante membranas |
TEMA 3: BALANCES DE MATERIA EN PROCESOS DE ENXEÑARÍA AMBIENTAL |
1. Balances de materia en estado estacionario con e sen reacción química
2. Balances de materia en estado non estacionario con e sen reacción química |
TEMA 4: CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA |
1. Introdución
2. Tipos de contaminantes
3. Efectos da contaminación atmosférica
4. Tratamentos de emisións contaminantes |
TEMA 5: CONTAMINACIÓN DA AUGA |
1. Introdución
2. Tipos de contaminantes
3. Indicadores da contaminación da auga
4. Tratamento de augas residuais |
TEMA 6: CONTAMINACIÓN DE CHANS |
1. Introdución
2. Tipos de contaminantes
3. Técnicas de descontaminación de chans |
TEMA 7: INTRODUCIÓN AO TRATAMENTO DE RESIDUOS |
1. Introdución
2. Tipos de residuos sólidos
3. Tratamento de residuos sólidos |
TEMA 8: IMPACTO E XESTIÓN AMBIENTAL |
1. Introdución ás técnicas de avaliación de impacto ambiental
2. Análise do ciclo de vida
3. Sistema de xestión ambiental
4. Prevención e control da contaminación industrial: directiva IPPC e regulamento PRTR |
Práctica 1. Sedimentación |
Esta práctica ten como obxectivo determinar a velocidade de sedimentación de partículas contidas nunha auga residual para poder deseñar un sedimentador. |
Práctica 2: Coagulación - Floculación |
Para mellorar a eficiencia de sedimentación durante a depuración de augas residuais, en moitos casos, é necesario realizar previamente unha coagulación seguida dunha floculación. Estes procesos optimízanse no laboratorio. |
Práctica 3: Análise de principais contaminantes de augas residuais |
Nesta práctica mídense experimentalmente parámetros determinantes na contaminación dunha auga, como poden ser a demanda química de osíxeno e a concentración de sulfatos, fosfatos e cloruros. |
Práctica 4: Determinación do contido en sólidos dunha auga |
Compleméntase o obxectivo da práctica anterior, determinando o contido en sólidos dunha auga contaminada. |
Práctica 5: Extracción con disolventes |
Coa finalidade de que o alumno se familiarice cos procesos químicos utilizados para a separación de contaminantes dun chan, realizarase esta práctica de extracción sólido-líquido. |
Práctica 6: Introdución ao software de simulación DWSIM |
Nesta práctica empregarase a ferramenta de simulación de procesos químicos, de código aberto e descarga libre DWSIM. O alumno familiarizarase coa contorna de simulación e realizará diferentes exemplos como reactores de conversión, reactores de equilibrio, condensadores e columnas de destilación simples. |
Práctica 7: Clasificación e etiquetaxe de residuos |
Esta práctica ten como obxectivo que os alumnos se familiaricen coa normativa relacionada coa clasificación e etiquetaxe de residuos, tanto perigosos como non perigosos. Ademais, abordarase a importancia da clasificación de residuos para a seguridade e saúde do traballador e para a sociedade en xeral. |