Seminario |
No ámbito da acción titorial, distínguense accións de titoría académica e de titoría personalizada. Na titoría académica, o alumnado terá tempo á súa disposición para consultar calquera dúbida relacionada cos contidos da materia, a súa organización, avaliación, etc. Estas titorías poderán ser individualizadas ou en grupo. Con todo, fomentaranse as titorías en grupo para a resolución de problemas ou aclaración de diferentes contidos da materia. Ademais de estar dispoñible no horario de titorías publicado na web do centro, o profesorado responderá as dúbidas do alumnado por medio do correo electrónico. Na titoría personalizada, o profesorado estará dispoñible para que o alumnado lle comente ou pida consello sobre calquera circunstancia que lle impida realizar un seguimento adecuado da materia.
Coa combinación destes dous tipos de acción titorial, preténdese lograr un equilibrio académico-persoal que lle permita ao alumnado alcanzar os seus obxectivos da maneira máis eficaz.
Os profesores da materia atenderán as dúbidas e consultas dos estudantes en persoa ou por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros da plataforma de teledocencia MOOVI, etc.) no horario que se publicará na web do centro ou baixo a modalidade de concertación previa. |
|