Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II y ecuaciones diferenciales
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realizarase unha actividade complementaria consistente na resolución de exercicios. 15 B3
B4
C1
D1
D2
D3
D6
D9
D15
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dous exames parciais dos Temas 1 e 2. 30 B3
B4
C1
D1
D2
D3
D9
D15
D16
Práctica de laboratorio Realizarase unha práctica de resolución de problemas con Matlab 15 B3
B4
C1
D2
D6
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final de avaliación continua sobre os contidos de toda a materia. 40 B3
B4
C1
D1
D2
D3
D9
D15
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS SOBRE O CÁLCULO DA NOTA:

A avaliación continua consistirá na realización de dúas probas escritas, para os dous primeiros temas, cun peso do 15% cada un, unha práctica de Laboratorio de Matlab puntuable, cun peso dun 15% e unha entrega de exercicios a desenvolver, cun peso dun 15%, sendo o peso do exame final do 40%.

O alumnado deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos:

- A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.

- Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.

- Obter unha nota inferior a 5 puntos na avaliación continua.

Nas circunstancias descritas nos dous primeiros apartados da anterior listaxe, a nota de avaliación continua será asignada como o valor mínimo entre un 4.5 e a nota calculada segundo as ponderacións descritas previamente.

En calquera caso, o alumnado que supere a avaliación continua terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. A avaliación dos alumnos/as en segunda e sucesivas convocatorias consistirá nun exame sobre os contidos da materia que suporá o 100% da nota.

INTEGRIDADE ACADÉMICA:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo , así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas , a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente , con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se
utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona,
verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o
uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en
tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou
gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións
para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou
adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer
referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.),
especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado
na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software,
data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da
ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de
IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas
descritas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000