Exame de preguntas obxectivas |
Ao longo do curso realizaranse varias probas curtas de seguimento teóricas durante as sesións de teoría, cun peso máximo total de 10%.
Resultados de aprendizaxe:
- Comprende os conceptos fundamentais de enlace, estrutura e microestructura dos distintos tipos de materiais.
- Comprende a relación entre a microestructura do material no seu comportamento mecánico, eléctrico, térmico e magnético.
- Comprende o comportamento mecánico dos materiais metálicos, cerámicos, plásticos e compostos
- Coñece como poden modificarse as propiedades mediante procesos mecánicos e tratamentos térmicos
- Coñece as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais
- Adquire habilidades no manexo dos diagramas e gráficos
- É capaz de aplicar normas de ensaios de materiais
- Adquire habilidade na realización de ensaios
- Analiza os resultados obtidos e extrae conclusións dos mesmos |
10 |
|
B3 B4 B6
|
C9
|
D1 D5 D9 D10
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizarase un exame final de avaliación continua que inclúe tanto todos os contidos teóricos como prácticos. O exame final será obrigatorio e puntuado sobre 10 puntos. No devandito exame será necesario superar un 40% en cada parte. |
40 |
|
B3 B4 B6
|
C9
|
D1 D5 D9 D10
|
Avaliación continua: O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota sempre que a nota de Avaliación Continua sexa inferior a 5 e tamén nos seguintes casos: A non realización ou entrega dalgún dos puntos anteriores. Obter unha cualificación inferior a 4,0 puntos sobre 10 en calquera das partes (teoría e problemas) do exame final de avaliación continua. No caso de que non se cumpran estas condicións, a nota máxima do alumno para a avaliación continua será de 4,0. En todo caso, o alumno que supere a avaliación continua terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para elevar a nota. Curso intensivo: No caso de que o alumno/a non supere a convocatoria ordinaria, acudiría directamente á convocatoria extraordinaria do mes de xullo. O Centro de Defensa Universitaria propón para o estudante un curso intensivo de reforzo de 15 horas repartidas en tres semanas, co fin de preparar a devandita convocatoria. Para a realización do devandito curso elaborarase unha guía didáctica específica. Na convocatoria extraordinaria examinarase o alumno con todos os contidos teóricos e prácticos, axustando o seu formato ao da convocatoria ordinaria. INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior. |