A proba final de avaliación continua realizarase na semana deavaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maiorou igual a 4 puntos sobre 10 na proba final de avaliación continua para poderoptar ao aprobado por avaliación continua. En caso contrario, a nota máxima acadable será un 4 tendo en conta todos os elementos avaliados. Realizaranse duas probasparciais de avaliación continua. Cada control suporá un 15% na nota deavaliación continua e non eliminarán materia en relación coa probafinal. O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidosda materia, que suporá o 100% da nota, se a nota final de avaliación continua émenor que 5 puntos sobre 10. En calquera caso, o alumno que superase aavaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario parasubir nota. Características da Proba Final (PF) A proba final de avaliación continua,na que se avaliarán os coñecementos teóricos e prácticos, está encamiñada áavaliación da aprendizaxe de todos os contidos seleccionados para a materia econfeccionarase atendendo ás seguintes características: - Debe ser completa, é dicir, aspirará a cubrir toda amateria impartida, ben de forma teórica ou práctica (incluíndo a parte docenteimpartida desde a realización do segundo parcial), posto que se trata de xulgaro que o alumno sabe da materia, non dunha parte dela. - Debe constar dunha serie de cuestións que primen orazoamento conceptual e lóxico, a fin de verificar a madurez intelectualadquirida polos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ou asteorías expostas na clase. INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo , así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior. |