EXPRESIÓN ORAL EN XERAL
Realizar descricións, presentacións claras e sistematicamente desenvolvidas, resaltando axeitadamente os aspectos significativos e os detalles relevantes que sirvan de apoio.
MONÓLOGO SOSTIDO: DESCRIÇÃO DE EXPERIENCIAS
Realizar descricións claras e detalladas sobre unha ampla variedade de temas relacionados coa súa especialidade.
MONÓLOGO SOSTIDO: ARGUMENTACIÓN
Desenvolver argumentos de forma sistemática, dando unha énfase axeitada aos aspectos importantes e apoiándose en detalles adecuados.
FALAR EN PÚBLICO
Realizar con claridade presentacións preparadas previamente, argumentando a favor ou en contra dun punto de vista concreto, e mostrando as vantaxes e desvantaxes de varias opcións.
Responder a unha serie de preguntas complementarias cun grao de fluidez e espontaneidade que non supoña ningunha tensión para si mesmo nin para o público.
INTERACCIÓN ORAL EN XERAL
Falar con fluidez, precisión e eficacia sobre unha ampla variedade de temas xerais, académicos, profesionais ou de lecer, marcando con claridade a relación entre as ideas. Comunicarse de forma espontánea e posuír un bo control gramatical sen dar moitas mostras de ter que restrinxir o que di e adoptando un nivel de formalidade axeitado ás circunstancias. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|
EXPRESIÓN ESCRITA EN XERAL
Escribir textos claros e detallados sobre unha variedade de temas relacionados coa súa especialidade, sintetizando e avaliando información e argumentos procedentes de varias fontes.
INFORMES E REDACIÓNS
Escribir redaccións e informes que desenvolven de forma sistemática un argumento, destacando os aspectos significativos e ofrecendo detalles relevantes que sirvan de apoio. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|
COMPRENSIÓN AUDITIVA EN XERAL
Comprender calquera tipo de fala, tanto conversas cara a cara como discursos retransmitidos, sobre temas habituais ou non, da vida persoal, social, académica ou profesional. Só inciden na súa capacidade de comprensión o ruído excesivo de fondo, unha estruturación inaxeitada do discurso ou un uso idiomático da lingua.
COMPRENDER CONVERSACIÓNS ENTRE FALANTES NATIVOS
Poder seguir conversas animadas entre falantes nativos.
ESCOITAR CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS
Comprender as ideas principais de conferencias, charlas e informes, e outras formas de presentación académica e profesional linguisticamente complexas.
ESCOITAR AVISOS E INSTRUCCIÓNS
Comprender declaracións e mensaxes sobre temas concretos e abstractos, en lingua estándar e cun ritmo normal.
ESCOITAR RETRANSMISIÓNS E MATERIAL GRAVADO
Comprender gravacións en lingua estándar coas que pode atoparse na vida social, profesional ou académica, e identificar os puntos de vista e actitudes do falante, así como o contido da información. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|
COMPRENSIÓN DE LECTURA EN XERAL
Ler cun alto grao de independencia, adaptando o estilo e a velocidade de lectura a distintos textos e finalidades e utilizando fontes de referencia axeitadas de forma selectiva.
LER PARA ORIENTARSE
Buscar con rapidez en textos extensos e complexos para localizar detalles relevantes.
LER INSTRUCCIÓNS
Comprender instrucións extensas e complexas que estean dentro da súa especialidade, incluíndo detalles sobre condicións e advertencias sempre que poida volver ler as seccións difíciles. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|