Educational guide 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de estruturas e construcións industrias
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.


MODIFICACIÓNS EN CASO DE SITUACIÓNS EXTRAORDINARIAS QUE SEMIPRESENCIALIDADE PARA PARTE DO ALUMNADO

CONTIDOS
As prácticas de laboratorio PL1, PL4 e PL5 son presenciais, pois implican, respectivamente, a visita a diferentes edificios da ENM e a montaxe e análise experimental de modelos de estruturas. Na medida do posible, estas tarefas serán substituídas pola resolución de exercicios e/ou casos prácticos que, co apoio dos medios audiovisuais oportunos, permitan ao alumno alcanzar os obxectivos fixados para ditas prácticas.

METODOLOXÍA DOCENTE
Engádese unha nova metodoloxía docente:
Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño se pode personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar unha lousa, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).

AVALIACIÓN
As probas de avaliación levaranse a cabo en función das circunstancias propias do momento en que se deban realizar, combinando probas presenciais nos casos en que fose posible con probas realzadas a través da plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000