Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría térmica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase unha proba final de avaliación continua na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua. Esta proba terá un peso do 40% da nota de avaliación continua.

Realizaranse dúas probas parciais de avaliación continua, as cales suporán un 30% da nota de avaliación continua (15% cada unha delas).
70 B1
C21
D1
D2
D8
D10
D14
D16
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos. Cada grupo terá que entregar unha memoria de prácticas ao final de cada práctica, ou grupo de prácticas. As memorias de prácticas terán un peso do 10% da nota de avaliación continua. 10 B1
C21
D1
D2
D6
D8
D10
D14
D16
D17
Seminario Realizarase un traballo grupal sobre aspectos sociais, de saúde e de seguridade industrial de interese ou de actualidade relacionados coa Enxeñaría Térmica, que será presentado polos alumnos na práctica 3 da materia. O traballo grupal terá un peso do 10% da nota de avaliación continua. 10 B1
C21
D1
D2
D8
D10
D14
D16
D17
Resolución de problemas A avaliación en seminarios realizarase a través da resolución de exercicios ou cuestionarios por parte dos alumnos. Proporanse exercicios para a súa resolución individual ou en grupos e/ou cuestionarios durante o tempo do seminario. Devanditos seminarios realizaranse a demanda do profesor. 10 B1
C21
D1
D2
D8
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos damateria, que supondrá o 100% da nota, si a nota final de avaliacióncontinua é menor que 5 puntos sobre 10. Tamén terá que presentarse aoexame ordinario nos seguintes supostos:

- A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.

- Obter unhanota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.

En calquera destes supostos, a calificación da avaliación continua será o máximo da nota de avaliación continua e 4 puntos (o alumno nestecaso obtendrá como máximo 4 puntos).

En calquera caso, o alumno que supere a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.

INTEGRIDADE ACADÉMICA:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo , así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000