Esta é unha materia optativa de segundo cuadrimestre de terceiro curso que está centrada na diversidade funcional e especialmente no proceso do envellecemento. En diversidade funcional, o fisioterapeuta debe valorar ao seu paciente identificando aqueles aspectos que merecen especial intervención para manter a maior independencia posible. Finalmente, a reeducación psicomotriz pode ser unha abordaxe moi interesante en pacientes con diversidade funcional pois permite un enfoque centrado nos principais aspectos da psicomotricidade: área motora, cognitiva e socioafectiva.