Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia na diversidade funcional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A coordinadora da materia explicará os puntos a ter en conta referentes ao temario da materia e os seus docentes responsables, a forma de avaliación a levar a cabo e como estarán estruturadas as clases teóricas e prácticas da materia, ademais do traballo en grupo ou individual que se debe realizar. Explicará tamén a proposta de programación de clases a levar a cabo durante o cuadrimestre ben como as datas de realización dos exames. Finalmente, explicará as obrigacións docentes do alumnado para o desenvolvemento da materia.
Traballo tutelado Desenvolvemento dun traballo teórico/práctico sobre unha temática relacionada cos contidos da materia. Os grupos de traballo determinaranse por temática ao principio do cuadrimestre pola coordinadora da materia. Existe a posibilidade de que o traballo se desenvolva de forma individual (avaliación global). O traballo constará dunha primeira parte onde se fará unha revisión da literatura científica sobre o tema acordado (entregarase unha pequena parte escrita) e unha segunda parte onde levarase a cabo un vídeo titorial (relacionado co tema do traballo). Farase un seguimento individual de cada integrante do grupo (si o traballo é en grupo) pois as notas estableceranse de forma individual. Os prazos de entrega do traballo e presentación (a través da plataforma Moovi) publicaranse a principio do cuadrimestre na plataforma virtual Moovi.
Lección maxistral Nas clases teóricas combinarase a lección maxistral con clases teórico-participativas onde se fomente e motívese a participación do alumnado. Poderase establecer actividades previas á impartición da clase e a súa entrega a través da plataforma virtual Moovi para a súa posterior discusión durante a clase teórica. Ademais, poderanse levar a cabo, durante as clases, actividades de resolución de problemas, Kahoots e aprendizaxe colaborativo. A criterio dos docentes responsables polos diferetes módulos, poderanse establecer foros de discusión no espazo propio da materia na plataforma de docencia virtual Moovi.
Prácticas de laboratorio Seguirase unha metodoloxía demostrativa, buscando a integración dos coñecementos teóricos na práctica. A/o alumna/o realizará a práctica, sendo corrixidos pola/o docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Ademais, exporanse estudos de caso e debates relacionados coa temática das clases.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000