Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia na diversidade funcional
   Contidos
Tema Subtema
Diversidade funcional. Afondar no concepto da diversidade funcional e o seu contexto actual.
Proceso de envellecemento. Coñecer os cambios fisiolóxicos e morfolóxicos que experimentan os diferentes sistemas orgánicos e como estes cambios poden conducir a diferentes procesos patolóxicos e diminución funcional.
Avaliación funcional na diversidade funcional Coñecer e practicar coas principais ferramentas destinadas a definir o estado funcional dos pacientes de cara a planexar unha intervención baseada nos programas de reeducación psicomotriz.
Fisioterapia na diversidade funcional, dependencia e saúde mental. Coñecer como a fisioterapia pode ter un papel fundamental en promover a independencia de pacientes con diversidade funcional, situación de dependencia (e cos seus familiares) e afectación mental.
Programas de reeducación psicomotriz. Coñecer e practicar como estruturar diferentes sesións de reeducación psicomotriz en diferentes poboacións tendo en conta a área motora, cognitiva e psicoafectiva da reeducación psicomotriz.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000