Exame de preguntas de desenvolvemento |
Para aprobar a asignatura será necesario superar ambas partes, práctica e teórica. O exame será tipo test na primeira convocatoria de maio/xuño e de desenvolvemento na segunda oportunidade, de xullo. No caso da proba de avaliación global, quen opte pola mesma deberá presentar e defender, nunha convocatoria e acto único, dous traballos prácticos e un exame de desenvolvemento. |
40 |
A3
|
B3
|
C2 C9
|
|
Simulación ou Role Playing |
A puntuación total deste apartado dependerá do resultado das eleccións que se celebrarán no centro, nas que poderán acadar ata un máximo de 2 puntos sobre a puntuación total das prácticas |
20 |
|
|
|
|
Para aprobar a materia, tanto na convocatoria de maio/xuño como na segunda oportunidade de xullo, é necesario superar as partes teórica e práctica. O alumnado non presencial que non conten con asistir, alomenos, ao 60% das prácticas realizadas na aula e non sinale expresamente esta cuestión dentro dos prazos establecidos polo centro, pasará, directamente, a convocatoria de exame global. Para poder realizar a parte práctica, o alumnado non presencial deberá entregar os traballos indicados, para o seu caso, a través da plataforma de Moovi, e facelo antes do prazo indicado nese documento. Non se admitirá ningún traballo que non esté realizado dacordo co profesor e poñéndose en contacto, de xeito presencial, co mesmo, dentro dos seguintes prazos: antes do 30 de marzo, para a convocatoria de xuño e na semana posterior ao remate do exame da convocatoria de xuño, para quenes suspendan e decidan presentarse na convocatoria de xullo. No caso de que non sinalen a opción de examen global en tempo e forma nin tampouco asistan as prácticas, non poderán realizar ningunha proposta alternativa e darase por non superada a parte práctica, tendo en conta que para superar a materia compre aprobar ambas partes, teórica e práctica. A falta de entrega ou presentación de calquera dos traballos prácticos requiridos en tempo e forma suporá ingualmente a non superación da parte práctica da materia. No caso do exame global, a duración do mesmo será de dúas horas. Na primeira hora, será necesario entregar, expoñer e defender, dous traballos prácticos. No caso de que o número de presentados supere a decena, as exposicións e defensas estableceranse de xeito aleatorio polo profesor. O reparto da puntuación dos traballos prácticos suporá o 30% en cada caso (60% en total), e o exame teórico o 40% restante, repartido entre un 20%, correspondente a un exame tipo test e outro 20% a dúas preguntas de desenvolvemento, que poderán realizarse de xeito escrito, oral ou mixto. Para correxir as preguntas de desenvolvemento, será necesario superar o test. |