Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Técnicas de comunicación electoral e institucional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Valorarase cada unha das prácticas do obradoiro programado. A non entrega ou presentación en tempo e forma dalgún dos traballos prácticos esixidos suporá a non superación da parte práctica da materia. O prazo máximo para a xustificación de calquera falta de asistencia a algunha das prácticas será de 10 días. 30 C9
C12
C14
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Para aprobar a asignatura será necesario superar ambas partes, práctica e teórica. O exame será tipo test na primeira convocatoria de maio/xuño e de desenvolvemento na segunda oportunidade, de xullo. No caso da proba de avaliación global, quen opte pola mesma deberá presentar e defender, nunha convocatoria e acto único, dous traballos prácticos e un exame de desenvolvemento. 40 A3
B3
C2
C9
Traballo Valorarase a realización dun traballo grupal, un relacionado con aspectos da comunicación político-electoral e/ou institucional. A falta de entrega ou presentación, en tempo e forma, de calquera dos traballos prácticos suporá a non superación da parte práctica da asignatura.
10 A3
B3
C12
C14
D6
Simulación ou Role Playing A puntuación total deste apartado dependerá do resultado das eleccións que se celebrarán no centro, nas que poderán acadar ata un máximo de 2 puntos sobre a puntuación total das prácticas 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia, tanto na convocatoria de maio/xuño como na segunda oportunidade de xullo, é necesario superar as partes teórica e práctica. 

Os alumnos non presenciais que non conten con asistir, alomenos, ao 60% das prácticas realizadas na aula e non sinalen expresamente esta cuestión dentro dos prazos establecidos polo centro, pasarán, directamente, a convocatoria de exame global. No caso de que non sinalen a opción de examen global en tempo e forma nin tampouco asistan as prácticas, non poderán realizar ningunha proposta alternativa e darase por non superada a parte práctica, tendo en conta que para superar a materia compre aprobar ambas partes, teórica e práctica. A falta de entrega ou presentación de calquera dos traballos prácticos requiridos en tempo e forma suporá ingualmente a non superación da parte práctica da materia. 

No caso do exame global, a duración do mesmo será de dúas horas. Na primeira hora, será necesario entregar, expoñer e defender, dous traballos prácticos. No caso de que o número de presentados supere a decena, as exposicións e defensas estableceranse de xeito aleatorio polo profesor. O reparto da puntuación dos traballos prácticos suporá o 30% en cada caso (60% en total), e o exame teórico o 40% restante, repartido entre un 20%, correspondente a un exame tipo test e outro 20% a dúas preguntas de desenvolvemento, que poderán realizarse de xeito escrito, oral ou mixto. Para correxir as preguntas de desenvolvemento, será necesario superar o test.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000