Resolución de problemas de forma autónoma |
Traballos que se pon en marcha nas clases prácticas e son desenvolvidas de maneira autónoma polo alumno fose da aula. O alumno debe solucionar unha serie de exercicios no tempo e condicións establecidas polo profesor. A puntuación total deste epígrafe repartirase entre a asistencia a clase e o número total de exercicios que se expoñan. Estes exercicios deberán subirse a Moovi e o prazo de entrega será determinado pola profesora. A asistencia ás prácticas é obrigatoria polo que para poder obter a puntuación do traballo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións. |
5 |
|
|
|
D1 D4
|
Exame de preguntas obxectivas |
Proba de preguntas curtas |
30 |
|
|
|
D1 D4
|
Os alumnos teñen a opción de elixir entre dúas modalidades de avaliación da materia: Avaliación Continua (AC) ou Avaliación Global (AG). Por defecto, asúmese que o alumnado será avaliado mediante AC e deberá notificar por escrito a súa renuncia si desexa cambiar á modalidade de AG. Este aviso
debe facerse dentro dun prazo máximo dun mes desde o inicio do cuadrimestre. A AC consta de dous partes cos seus respectivos valores ponderados:
a) Superación da parte práctica coa realización das
actividades programadas, a asistencia como mínimo ó 80% das clases prácticas e a participación nas
mesmas. A calificación será de máximo 4 puntos sobre 10. b) Superación da parte teórica mediante dúas probas escritas que se realizarán na data señalada polo centro. A puntuación máxima será de 6 puntos sobre 10. Para aprobar a materia é
necesario obter polo menos unha calificación de 3 puntos sobre 6 na suma dos dous exámenes. Unha calificación inferior non servirá como media coas outras probas.
O GA realízase mediante unha proba extensa
(5 horas) na data sinalada no calendario oficial na que se valorará a
adquisición de todas as competencias requiridas na materia. A proba terá dúas
partes diferenciadas. A primeira parte consistirá en preguntas sobre contidos
teóricos (60%) e, na segunda, o alumno deberá demostrar os seus coñecementos
prácticos en marketing estratéxico e operativo (40%). Isto suporá o 100% da
nota. Para aprobar o exame é necesario acadar 3 puntos sobre 6 na parte
teórica. Na Segunda Oportunidade e convocatoria Fin de Carreira a forma de avaliación é a mesma que na primeira oportunidade. A calificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico pero o traballo tutelado en grupo poderá ser mellorado a título individual. Con todo, se a materia non é superada neste curso académico o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guia docente que estea vixente no curso académico e, polo tanto, non se conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso. |