Guia docente 2024_25
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Historia da propaganda e a publicidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación dos coñecementos, no marco das clases de seminario, realizarase mediante un seguimento continuo. Farase un primeiro traballo de carácter empírico de acordo cas instruccións do/a profesor/a. 30 A3
B3
C1
C9
D3
D4
Traballo tutelado A avaliación dos coñecementos, no marco das clases de seminario, realizarase mediante un seguimento continuo. Farase un segundo traballo de carácter teórico de acordo cas instruccións do/a profesor/a. 30 A3
B3
C1
C9
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame teórico consistirá en duas preguntas sobre os contidos da materia, a responder num tempo máximo dunha hora. 40 A3
C1
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Os estudantes deberán entregar os traballos seguindo as instrucións do profesor nas datas sinaladas.

Nos traballos valorarase especialmente que teñan unha estructura analítica, reflexión crítica e o uso de fontes diversas con rigor académico. 

A nota final da asignatura será o resultado da suma das puntuacións dos traballos prácticos e o exame teórico. 

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Breve descrición das probas:

Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia, tanto para a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota.

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. Cada un dos traballos (2) ten un valor máximo do 30% sobre o total da cualificación (60%). Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación para os estudantes de avaliación global estarán disponibles a través da plataforma Moovi.

O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro, cubrindo e asinando o documento habilitado para tal fin.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000