Os distintos deportes poden ser vehículos integradores socio-educativos, mediante a participación e o desenvolvemento de "todas" as persoas, ademáis de ser un fenómeno cultural e un medio global de comunicación e expresión de xénero, raza e idade. Por outra banda as persoas con discapacidade ou con enfermidades dexenerativas, atoparon no deporte adaptado unha forma adecuada de participación e integración social motivante, a través do desenvolvemento de programas e campañas de promoción e práctica adaptada de distintos deportes.