Esta materia cumpre un papel fundamental no programa do máster derivado do seu carácter instrumental e formativo. O seu carácter instrumental porque traballa competencias necesarias para ofrecer respostas educativas inclusivas, de equidade e valores fundamentais para un íntegro desenvolvemento persoal e social. O carácter formativo porque aparece unha nova visión de como ensinar e como aprender nunha escola inclusiva dentro dunha sociedade que respecta e acolle o principio e dereito dunha educación para todos e todas. En definitiva para que os profesionais con esta formación poidan, desde unha visión crítica e reflexiva, axudar ao alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo, en calquera das súas manifestacións.