Estratexias Didácticas II: Autoavaliación, Crítica e Análise
Código
P02M066V12244
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
É imposible separar a acción creativa da acción educativa na formación de futuros profesionais dos ensinos das Artes; Educación visual e plástica na ESO, Artes plásticas e cultura audiovisual en Bacharelato.
A intención desta materia é dotar ao alumnado de recursos e estratexias para a formación na área de plástica. Propoñemos facelo a través do ensaio con procedementos e técnicas artísticas e de deseño, estratexias educativas e coñecementos conceptuais. O obxectivo e abordar as estratexias para a acción educativa e a transmisión de contidos e xeitos de facer.
Produciremos propostas e materiais para reflexionar a partir do proceso creativo propio, na aprendizaxe e na planificación das accións educativas no ambito das Artes, o deseño e a cultura visual. Imbricaremos este proceso no contexto específico da educación secundaria.