Para o alumnado que
siga a avaliación continua: O alumnado que siga a
avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas
para poder ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia
obrigatoria. Os traballos
entregaranse na aula e subiranse á plataforma de teledocencia (Moovi) segundo o
calendario que se estableza. Aquel alumnado que
non supere algunha das probas ou actividades que son obxecto de avaliación
poderá recuperalas na convocatoria de xullo. Alumnado que
siga a avaliación global: No caso de que
algunha alumna ou alumno non poida seguir a avaliación continua terá que
superar unha proba escrita sobre os contidos teóricos expostos na sesións
maxistrais o que lle dará acceso á valoración do resto de traballos. Recoméndase contactar na primeira semana das clases cos docentes da
materia para coñecer en detalle os traballos e exercicios a entregar. SEGUNDA CONVOCATORIA No caso do alumnado
que aínda asistindo regularmente a clase e realizando as entregas parciais non
logren superar a materia deberá presentar na segunda convocatoria so aqueles
traballos ou exercicios nos que non alcanzasen a nota mínima de 5. No caso de que
algunha alumna ou alumno non poida seguir a avaliación continua terá que
superar unha proba escrita dos contidos teóricos expostos na sesións maxistrais
o que lle dará acceso á valoración do resto de traballos. O alumando que siga a avaliación global deberá contactar na primeira semana das clases cos docentes para
coñecer en detalle os traballos e exercicios a realizar. As titorías
realizaranse tanto de forma presencial como por medios telemáticos (despacho
virtual / campus remoto) baixo a modalidade de concertación previa. |