Prácticas con apoio das TIC |
Uso de recursos informáticos para a búsqueda de información sobre diferentes temas. |
|
Seminario |
Organizarase un seminario monográfico sobre un tema de actualidade e sempre relacionados cun
tema da materia para facilitar a comprensión do contido e a interdisciplinariedade que se dá no
ámbito didáctico dada a complexidade do feito educativo. |
|
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning
(PBL) ou a aprendizaxe en servizo. Tratase dun método didáctico que utiliza metodoloxías activas e
colaborativas cuio obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a
realización dun proxecto. Siguiendo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por
proxectos é o seguinte: * Planificación da investigación * Selección do tema * Recollida da
información * Aplicación * Análise de datos * Informe * Seguimento e avaliación O proxecto consistirá
na elaboración dunha unidade didáctica integrada que se realizará grupalmente ó longo do curso.
Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico de fundamentación e análise que se
realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e tamén un apartado de diseño
curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun produto escrito no ordenador para
incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles temáticas para a unidade didáctica. A
elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares dunha
unidade didáctica. Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da
profesora e o traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do
proceso para correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto, e a
experiencia dos compañeiros de outros cursos o que permitirá una coavaliación do proceso.
Utilizaranse diferentes estratexias didácticas, como a gamificación, técnicas cooperativas ou a aula
invertida e recursos e materiais propios de cada disciplina. No desenvolvemento do proxecto
cumpren un papel fundamental as contornas virtuais de aprendizaxe que neste caso virán
desenvolvidas a través da plataforma (MOOVI). |
|