1. Asistir a clase, resultará moi beneficioso para cumprir os obxectivos da materia sobre todo nas súas aplicacións prácticas. Nas primeiras sesións os profesores da materia darán unha visión de conxunto e anticiparán as tarefas e actividades que serán desenvolvidas.
2. Se non podes asistir a clase, será especialmente importante acudir ás titorías do profesorado, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade TEMA.
3. A túa condición de estudante da Universidade de Vigo, abre a as portas os moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE atoparás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes atopar na nosa Universidade. |