A asistencia regular ás clases presenciais supón o 40% da porcentaxe de cualificación. Cada falta de asistencia non xustificada implicará un desconto neste apartado, de 0,5 pts. Os traballos e probas supoñen o 30% da cualificación, para cada unha das DUAS probas. 1) Cualificación polo sistema de Avaliación Contínua a) Asistencia ás aulas 40% b) Probas realizadas ao longo docurso 30% por cada unha das dúas Non se volverán a examinar os contidos xa aprobados. 2) Cualificación polo sistema de Avaliacion Global a) Realización de unha proba práctica Final que acredite o acadamento das competencias asociadas aos contidos da materia: - Presentación de un comentario sobre un texto académico: 50% - Presentacion de un traballo sobre un tópico musical desde unha perspectiva sociolóxica, previamente concertado co docente: 50% De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón correspondente http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |