Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil |
B3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos |
B4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles |
B8 |
Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención prematura e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia |
B10 |
Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias |
B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes |
C53 |
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
C54 |
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
|
C55 |
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. |
C56 |
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D6 |
Capacidade de xestión da información |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D13 |
Razoamento crítico |
D14 |
Compromiso ético |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Adaptación a novas situacións |
D17 |
Creatividade |
D18 |
Lideranza |
D19 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
D20 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
D21 |
Motivación pola calidade |