O sistema de avaliación dividirase en dous grandes grupos ou modalidades: metodoloxías de avaliación continua e metodoloxías de avaliación global. Na avaliación continua, o alumnado deberá realizar unha exposición (20%), un traballo práctico (40%) e un exame teórico (40%).
A cualificación final será a suma aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das tres actividades. Na avaliación global, o alumnado deberá realizar un traballo práctico (30%) e un exame teórico (70%). Para superar a materia é necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 1,5 puntos sobre 3 posibles na exposición e 3,5 puntos sobre 7 posibles no exame. A nota final será a suma aritmética de ambas as partes sempre que sexan superadas.
O alumnado que, cursando o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación global, non o superase, deberá ser examinado na convocatoria de xullo para aquelas actividades nas que non acadase unha nota igual ou superior ao 50%. As datas e horarios dos exames poderanse localizar no link de Organización Académica "http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames", na web da Facultade |