LINGUAS DE TRABALLO:
As linguas de traballo da materia serán o inglés, o castelán e o galego. O profesor comunicarase co alumnado en inglés. O alumnado poderá utilizar calquera do tres linguas menos nas tarefas, tanto orais como escritas e no exame nos que a lingua requirida é o inglés.
Nas puntuacións teránse sempre en conta duas vertientes: a lingüística (uso e expresión en lingua inglesa) e a de contido.
OUTRAS VÍAS:
En caso de ausencia xustificada do profesor, este poderá propor actividades alternativas en liña.
A atención personalizada llevarase a cabo previa cita por e-mail. Tamén se utilizará o campus remoto ou moodle.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS:
Os alumnos deberán ler os contos de lectura obrigatoria e ver a película que se recomendará a principio de curso e realizar as exposicións e o traballo en grupo. O material será posto a disposición na plataforma MOOVI, na biblioteca. Os temas abordados nestes contos serán utilizados no exame oral. Os contos e a película son os seguisteis: Newman, Lesléa (2015). Heather has two mommies; Donaldson, Julia (2012). Room on the broom. The Lion and the mouse (http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en/short-stories/the-lion-and-the-mouse) Bleckner, Jeff (2011). Beyond the blackboard. AVALIACIÓN:
A avaliación da materia será continua. Os traballos (obrigatorios), exposicións (obrigatorias), tarefas, etc. deberán ser realizados nas datas correspondentes. O incumprimento de estes requisitos suporá a cancelación deste tipo de avaliación. Do mesmo xeito o uso de tradutores automáticos para a realización dos traballos suporá a inmediata exclusión do grupo da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria nas datas propostas polo centro e recollidas na páxina web da facultade no aparatado de organización académica (www.fcced.webs.uvigo.es). Avaliación global: Todos o alumnado, asista ou non as aulas, ten dereito a ser avaliado mediante un exame. Os estudantes que decidan non seguir a avaliación continua deberán tomar a decisión durante o mes de setembro e comunicarllo ao profesor. No seu lugar poderán realizar un exame na nas datas propostas polo centro (www.fcced.webs.uvigo.es), que constará de dous partes: parte escrita con catro tarefas (75%) e parte oral (25%).
A proba escrita centrarase no punto 4 dos contidos, onde se deberán aplicar e desenvolver os contidos dos demais puntos da materia. A proba oral será una conversa de 10 minutos sobre aspectos didácticos e de interese da película e dos contos recomendados no apartado anterior e na bibliografia. No caso de confinamento, o exame constará de 4 probas orais con valor de 25 puntos cada unha. Unha das probas será a charla sobre os contos e a película. A outras 3 probas iránselle comunicando ao estudante o longo do exame. O estudante terá un tempo para preparar cada proba e logo 10 minutos para exponer cada unha oralmente en inglés a través do campus remoto. Dependendo da nota do exame teórico o oral poderá realizarse noutra data acordada polos dous implicados. Segunda convocatoria A segunda convocatoria de xullo poderá presentarse tamén o alumnado que non acadara a puntuación suficiente na evaluación continua. As datas poden consultarse na web da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es). O exame constará de dous partes: parte escrita con catro tarefas (75%) e parte oral (25%). A proba escrita centrarase no punto 4 dos contidos, onde se deberán aplicar e desenvolver os contidos dos demais puntos da materia. A proba oral será una conversa de 10 minutos sobre aspectos didácticos e de interese da película e dos contos recomendados no apartado anterior e na bibliografia. As datas para realizar o exame serán as propostas polo centro www.fcced.webs.uvigo.es. o exame oral poderá realizarse neutra data. No caso de confinamento, o exame constará de 4 probas orais con valor de 25 puntos cada unha. Unha das probas será a charla sobre os contos e a película. A outras 3 probas iránselle comunicando ao estudante o longo do exame. O estudante terá un tempo para preparar cada proba e logo 10 minutos para exponer cada unha oralmente en inglés a través do campus remoto. Dependendo da nota do exame teórico o oral poderá realizarse noutra data acordada polos dous implicados. |