Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Na primeira sesión a profesora introducirá a materia, explicará a dinámica de traballo e metodoloxía a
seguir, explicará as distintas probas e tipos de avaliación, e organizará os grupos de traballo para o proxecto a desenvolver ao longo do curso.
Lección maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas a profesora introducirá os principais contidos teóricos e conceptos esenciais dos diferentes puntos indicados nos contidos da materia.
Traballo tutelado A profesora e o alumnado traballarán conxuntamente en actividades que favorezan a adquisición de coñecementos teóricos e principios metodolóxicos de xeito práctico. Analizaranse materiais e actividades e se realizarán propostas de mellora e/ou deseño dos primeiros, e deseño e/ouposta en práctica das segundas.
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso, o alumnado deberá elaborar un proxecto que se deberá presentar primeiro por escrito e despois se levará a cabo oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. O proxecto será de carácter grupal e nel o alumnado deberá aplicar a teoría e metodoloxía aprendidas ao deseño e implementación práctica (simulación) dunha breve unidade didáctica para a que deberán elexir un dos temas propostos pola profesora. As instrucións para a realización deste traballo (tanto para a súa versión escrita como para a súa representación oral na aula) estarán detalladas na plataforma de aprendizaxe, e serán explicadas pola profesora ao inicio do curso. Nas aulas a profesora guiará o alumnado para a execución destes proxectos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000