Recoméndase que o alumnado matriculado teña superado a materia de 2º curso "Idioma estranxeiro: inglés" e/ou que poda comunicarse nun nivel B1 (MCER) en lingua inglesa, que o nivel que se require ó final do Bacharelato para superar a ABAU. Este é o nivel necesario para poder seguir as aulas e para poder desenvolver as tarefas propostas de xeito efectivo. Debe terse en conta que esta non é unha materia de lingua inglesa instrumental e, polo tanto, as diferentes destrezas da competencia lingüística en lingua inglesa non se traballarán nin se avaliarán de forma específica. Sen embargo, a competencia lingüística do alumnado na lingua estranxeira reflectirase directamente na súa capacidade para a comprensión e expresión dos contidos didácticos nos que se basea a materia.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas para entrega de traballos e/ou probas. |