As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso plataforma de aprendizaxe e na web da facultade.Avaliación en primeira convocatoriaAvaliación continuaO alumnado deberá realizar e expor en francés todos os proxectos propostos polo profesor. A nota final calcularase a partir da suma das notas obtidas en cada proxecto obrigatorio e cada desafío voluntario. Cada proxecto valerá un máximo de dous puntos sobre a nota final e cada desafío voluntario un máximo de 0,2 puntos. Avaliación globalO alumnado que non puider ou non desexar facer a avaliación continua deberá solicitar ao profesor facer a avaliación global ao longo do primeiro mes de aulas. A avaliación global consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro e o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado, o alumnado deberá realizar estas catro probas na data estabelecida polo centro. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá ser obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. Avaliación en segunda convocatoriaO alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (continua ou global) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. Para quen non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas en segunda convocatoria. Non se terá en conta en ningún caso o traballo realizado na primeira convocatoria. Para a segunda convocatoria e na data oficial fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado en segunda convocatoria, o alumnado deberá realizar estas catro probas na data estabelecida polo centro. Linguas de traballo As linguas de traballo da materia serán o francés, o galego, o castelán e excepcionalmente o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, preferentemente en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das linguas de traballo. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados dos exames estarán redactados unicamente en lingua francesa. O alumnado de programas de mobilidade internacional poderán recibir apoio en lingua inglesa mediante pedido. Fica prohibida a utilización do tradutor automático en calquera actividade de aprendizaxe ou na comunicación co profesor. O uso repetido da tradución automática nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos. |