Traballo tutelado |
Serán realizados baixo a supervisión do profesor ou profesora, serán repartidos por grupos . Ao finalizar cada traballo, o grupo que o realizou explicarao brevemente ao resto dos grupos. A elaboración do traballo será supervisada en todo momento polo profesor ou profesora, ben directamente na aula, mediante titoría ou por medios informáticos
|
Traballo tutelado |
A alumna ou o alumno, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
Lección maxistral |
Explicación de cada un dos núcleos temáticos dos contidos da materia. O profesor ou a profesora dedicará estas sesións a expor e explicar os contidos da materia. Todo o material que se utilice será entregado ao alumnado. Así mesmo entregáranse os temas referidos aos contidos da materia.
|