Guia docente 2026_27
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Socioloxía e historia da actividade física e o deporte
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Socioloxía e historia da actividade física e o deporte Código P02G051V01103
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Historia, arte e xeografía
Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Santos González, Diego
García Varela, Pablo
Correo-e diego.santos@uvigo.gal
pablovarela200@hotmail.com
Profesorado
García Varela, Pablo
Santos González, Diego
Web
Descrición xeral Desde o punto de vista histórico, esta materia ten como finalidade achegar ao alumnado ao coñecemento dos fundamentos, conceptos, métodos, técnicas de traballo e ferramentas propias da ciencia histórica aplicadas ao estudo da actividade física e do deporte. Preténdese que o alumnado comprenda que a actividade física e o deporte constitúen prácticas sociais e culturais que evolucionan ao longo do tempo, en relación cos contextos históricos, políticos, económicos e culturais nos que se desenvolven.

Desde a perspectiva sociolóxica, a materia aborda a actividade física e o deporte como fenómenos sociais complexos, vinculados aos procesos de socialización, ás institucións, ás estruturas sociais, aos valores, ás identidades, ao corpo, ao xénero, aos medios de comunicación e aos cambios propios das sociedades contemporáneas. O deporte enténdese así como un feito social de ampla relevancia, conectado con diferentes dimensións da vida colectiva.

A materia proporciona ao alumnado ferramentas teóricas e metodolóxicas para interpretar criticamente as relacións entre actividade física, deporte e sociedade, así como para analizar os significados sociais das prácticas físico-deportivas nos seus distintos contextos históricos e socioculturais.


Materia #English Friendly.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000