Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Aprendizaxe e control motor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase a participación activa do alumnado nas prácticas, así como a calidade das tarefas desenvolvidas.

En referencia á calidade das tarefas valorarase: grao de cumprimento dos requisitos formais, calidade da redacción, calidade da interpretación. É requisito cumprir cos prazos de entrega preestablecidos.

Só se aceptarán as entregas de tarefas do alumnado que asistise á práctica de laboratorio correspondente.
25 B9
B10
C5
C6
C7
C8
C9
C18
C23
D5
D6
D7
D8
D9
Resolución de problemas Nas actividades e/ou exercicios asignados valorarase: grao de cumprimento dos requisitos formais, calidade da redacción e calidade da interpretación.

Só se aceptarán as entregas do alumnado que asistira á sesión vinculada coa tarefa e/ou exercicio.
15 B3
B9
B10
C22
C23
D24
D25
Traballo tutelado Documento elaborado sobre un tema relacionado cos contidos da materia.

Valorarase: grao de cumprimento dos requisitos formais, calidade da redacción e calidade da interpretación.
20 B9
B10
C6
C23
D5
D8
D9
D24
D25
D26
Exame de preguntas obxectivas Valoraranse os contidos da materia tratados nas leccións maxistrais, prácticas de laboratorio e resolución de problemas. 40 B2
B3
B6
B9
B10
C6
D5
D6
D7
D8
D9
D20
D24
D25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua:

Para conservar o dereito á avaliación continua, o alumnado debe cumprir cos requisitos de asistencia ás prácticas de laboratorio (>80% das sesións). Para aprobar a materia, será necesario alcanzar un 50% da puntuación en cada un dos apartados nos que se estrutura a avaliación (i.e., prácticas de laboratorio, resolución de problemas, traballo tutelado e exame de preguntas obxectivas).

Cando os estudantes acudan á segunda convocatoria (i.e., xuño-xullo) dentro do mesmo curso académico, manteranse as probas superadas, e só terán que realizar as probas que non pasaron previamente.

Avaliación Global:

O alumnado que opte pola avaliación global ou non cumpra cos requisitos de avaliación continua (i.e., asistencia a prácticas de laboratorio) realizará unha avaliación global consistente en:

A) Exame sobre contidos teóricos da materia: 5 puntos (i.e., 50% da nota final). B) Exame sobre a parte práctica da materia: 5 puntos (i.e., 50% da nota final).

Será requisito indispensable para o estudantado que se presente á modalidade de avaliación global aprobar o exame sobre contidos teóricos e o exame de contidos prácticos para superar a materia.

Independentemente do sistema de avaliación seleccionado polo alumnado (avaliación continua ou global), non se conservarán os ítems de avaliación aprobados (i.e., prácticas de laboratorio, resolución de problemas, traballo tutelado e exame de preguntas obxectivas) dun curso para outro.

En calquera das convocatorias e modalidades (i.e., continua ou global), se o estudante obtén unha cualificación numérica superior a 5 pero non cumpre cos requisitos establecidos para aprobar a materia, recibirá unha cualificación de 4,5 (suspenso). No caso de obter cualificacións inferiores, colocarase a nota obtida.

As datas dos exames poderanse consultar na web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte no seguinte enlace: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000