Guia docente 2026_27
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Prácticas externas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Prácticas externas Código P02G051V01-52918-S
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
12 OB 4 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Lorenzo Rial, María Asunción
Correo-e marialorenzo@uvigo.es
Profesorado
Lorenzo Rial, María Asunción
Web
Descrición xeral O Prácticum constitúe unha materia orientada á integración e aplicación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridos ao longo da titulación en contextos profesionais reais das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. A través da realización das prácticas académicas externas preténdese contribuír á formación integral do estudantado, complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica; facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo propia da realidade profesional, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos; favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas; proporcionar unha experiencia práctica que mellore a empregabilidade e facilite a inserción profesional; e promover os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento. A materia complétase coa elaboración dunha memoria de prácticas na que o estudantado reflexiona sobre a experiencia desenvolvida e sobre a adquisición das competencias asociadas á titulación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000