A materia «Actividades físico-deportivo-recreativas e a súa didáctica» impártese no segundo cuadrimestre do cuarto curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Nesta materia ofrécese unha visión xeral dos deportes e xogos recreativos. Desde unha perspectiva teórica abórdanse as diferentes concepcións actuais máis significativas relativas ao ámbito dos deportes e xogos recreativos e, desde unha perspectiva práctica, realízase un percorrido polos deportes e xogos recreativos máis representativos.
Así mesmo, esta materia é fundamental dentro do plan de estudos da titulación impartida na Universidade de Vigo, xa que é a única na que o alumnado ten a oportunidade de adquirir os coñecementos necesarios sobre o ámbito dos deportes e xogos recreativos, imprescindibles na formación dun Graduado ou Graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Esta guía docente elaborouse axustándose plenamente ao establecido na memoria da titulación e á normativa específica da universidade e do centro.