Requisitos
básicos a cumprir para a superación da materia: · Entregar o traballo teórico
individual exposto polo profesor/para vinculados co desenvolvemento dos
contidos tanto teóricos como prácticos. · Obter unha cualificación de
polo menos 5 puntos na nota global. Traballos a realizar polos
estudantes para incluír no xeneral: 1. Entregar o traballo teórico de
investigación cuxo guión estará publicado na plataforma moovi. 2. Entregar o traballo individual
en que consiste en realizar unha vivencia dunha ou máis competicións de
calquera categoría da natación que estea no calendario da federación dalgunha
comunidade autónoma, cuxo guión estará publicado na plataforma moovi. Proporción de incidencia na
cualificación dos diferentes tipos de valoración. · Cualificación obtida pola
realización do traballo teórico de investigación: 20% · Cualificación obtida pola
realización do do traballo individual en que consiste en realizar planificación
dun macrociclo cunha posible vivencia nunha competición: 40% · Cualificación obtida no exame:
40% A entrega dos mesmos será con
data (publicada en moovi) determinada polo profesor/a durante o curso. Na 2ªconvocatoria, manteranse as
notas dos traballos, é dicir, os criterios de puntuación serán os mesmos que na
1ª convocatoria. Quen non realizasen/presentado os traballos durante a 1ª
convocatoria, NON PUNTUARÁN NESTE APARTADO. Será necesario superar o exame para aprobar a materia. A asistencia ás prácticas pode chegar a supor o 30% da nota da materia entre os traballos realizados nas mesmas e a asistencia. A non asistencia ao 80% das prácticas levará á realización dun exame final que será o 100% da nota da materia con parte práctica 50% e parte teórica 50%. |