Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B3 |
Coñecemento e compresión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte. |
B11 |
Coñecemento e comprensión dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional. |
B20 |
Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde da práctica de actividades físicas inadecuadas. |
B23 |
Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo axeitado para cada tipo de actividade. |
B24 |
Actuación dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional. |
B25 |
Habilidade de liderado, capacidade de relación interpersoal e traballo en equipo. |
B26 |
Adaptación a novas situacións, a resolución de problemas e a aprendizaxe autónoma. |
C1 |
Capacidade para deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe relativos á actividade física e ao deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas |
C10 |
Capacidade para identificar os riscos, que se derivan para a saúde dos deportistas, da práctica de actividades físicas inadecuadas no contexto do adestramento deportivo |
C15 |
Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde do desenvolvemento das actividades físicas inadecuadas entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde |
C17 |
Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de actividades físico-deportivas orientada á saúde |
C23 |
Capacidade para identificar e valorar os riscos que poidan derivarse do uso dos equipamentos e instalacións deportivas |
C26 |
Capacidade para seleccionar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva recreativa |
C29 |
Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas nos practicantes de actividade físico-deportiva recreativa |