Resolución de problemas |
Traballo individual e grupal de resolución de tarefas nas clases B e C.
A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e expón dubidas.
O alumnado deseña, imparte e analiza diferentes estratexias, métodos e tarefas didácticas. |
Seminario |
O alumnado presenta á profesora o desenvolvemento do seu traballo tutelado nun mínimo dunha titoría grupal. |
Obradoiro |
Intervención docente. O alumnado imparte unha sesión que foi programada no traballo tutelado e nos seminarios.
A sesión é avaliada por el@s mesm@s, os seus e as súas compañeiras e a profesora. Empréganse ferramentas de observación sincrónica e a través de gravación audiovisual. |
Aprendizaxe colaborativa |
O alumnado deseñará colaborativamente unha programación (traballo tutelado). Este proceso de traballo colaborativo será documentado nun diario individual e co rexistro das reunións de traballo desenvolvidas. |