Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Microensino: Programación e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte.
Os criterios son:
- Entregar o borrador da sesión e a memoria final no prazo establecido.
- Desenvolver o traballo cumprindo os requisitos formais e de contido esixidos.
- Levar á práctica a sesión deseñada.
- Asistir as titorías para a revisión previa da sesión e á clase onde se explica o método correspondente a esa sesión.
- Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados.
- Obrigatorio para todo o alumnado.
20 B1
B2
B11
B12
B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B25
B26
Seminario Asistencia en grupo as titorías para a supervisión e discusión do traballo tutelado.
- O alumnado debe asistir as titorías coas tarefas de control realizadas que se explicitan no guión do traballo.
- Só se cualificará ao alumnado que asista.
05 B2
B11
B12
B25
B26
Estudo de casos Asistencia e participación activa na reflexión e análise didáctica que se realizará da sesión práctica desenvolvida na clase B.
Execución e entrega das tarefas propostas nas clases C.
Participación nas tarefas de avaliación.
Para poder acceder á avaliación continua é necesario asistir a un mínimo do 80% das prácticas B e C.
10 B12
B13
B15
B20
B25
B26
Obradoiro Desenvolvemento dunha intervención didáctica en grupo. O alumnado asumirá a docencia dun mínimo dunha actividade de ensino-aprendizaxe.
Os criterios son:
- Organizar a fase pre-activa.
- Xestionar axeitadamente os recursos materiais e espaciais durante o desenvolvemento da sesión.
- Implementar estratexias de disciplina e participación pasiva.
- Desenvolver a fase reflexiva con criterios didácticos.
- Adoptar unha actitude docente positiva.
- Organizar e desenvolver a fase post-activa xunto co alumnado (reflexión e análise da sesión).
5 B11
B23
B25
B26
Aprendizaxe colaborativa Diario reflexivo sobre o proceso de traballo colaborativo (traballo tutelado).
Rexistro e entrega das sesións de traballo grupal desenvolvido.
20 B12
B13
B15
B25
B26
Exame oral Defensa oral do traballo escrito. O alumnado respostará as cuestións realizadas pola profesora sobre á programación da sesión desenvolvida no traballo tutelado.

En casos específicos, mediante negociación previa coa profesora, esta ferramenta de avaliación poderá ser substituída por un exame escrito de desenvolvemento.
40 B1
B2
B11
B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder acceder á modalidade de avaliación continua é necesario
desenvolver todos as probas explicadas anteriormente (traballo tutelado,
seminario, estudo de casos, obradoiro, aprendizaxe colaborativa e exame oral).

O alumnado que non desenvolva estes métodos non poderá
acceder á avaliación continúa. Nestes casos poderá optar á avaliación global.


Réxime avaliación continua:
- Os traballos deberán entregarse nas datas determinadas pola profesora.
-
En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, as
competencias non adquiridas avaliaranse na convocatoria de xuño/xullo.
Nas convocatorias correspondentes ao mesmo curso académico conservaranse
as cualificacións obtidas nas ferramentas de avaliación superadas. Será necesario repetir as ferramentas necesarias para obter un mínimo de 5 puntos.
- Non existe posibilidade de manter partes da
materia aprobadas procedentes de anteriores cursos académicos.
- O alumnado que se atope en circunstancias especiais e/ou xustificadas polas que non poida realizar algunha das ferramentas de avaliación, deberá comunicalo ao inicio do curso para poder adaptar a avaliación ao seu caso. No caso de concorrer a circunstancia excepcional durante o desenvolvemento do curso, deberá comunicalo cunha antelación mínima de dous meses á data oficial do exame.
- Manteranse os mesmos criterios para aprobar nas sucesivas convocatorias.

Avaliación global:
- O alumnado que non teña optado á avaliación continua, realizará unha avaliación global nas datas oficiais. As probas permitirán obter o 100% da cualificación da materia.
- As probas serán un exame escrito sobre os contidos da materia (70%) , e a entrega dun traballo de programación (30%). O traballo de programación incluirá o deseño e desenvolvemento práctico dun mínimo de tres sesións de práctica de actividade físico-deportiva. As intervencións didácticas deberán vir acompañada dunha gravación audiovisual das mesmas.
- As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000