Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases Maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos. O alumnado asimila e toma apuntes. Expón dubidas e cuestións complementarias.
Resolución de problemas Traballo individual e grupal de resolución de tarefas nas clases B e C.

A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e expón dubidas.

O alumnado deseña, imparte e analiza diferentes estratexias, métodos e tarefas didácticas.
Traballo tutelado Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte. Aplicación de microensino.

Cada grupo desenvolverá unha sesión segundo as características básicas determinadas na opción que lle sexa asignada. Esta sesión deberá ser impartida aos seus compañeiros e compañeiras nas aulas prácticas.

É obrigación do alumnado manterse informado das posibles modificacións no calendario de prácticas. É obrigatorio realizar un mínimo dunha titoría (seminario) antes da realización da sesión.
Seminario O alumnado presenta á profesora o desenvolvemento do seu traballo tutelado nun mínimo dunha titoría grupal.
Estudo de casos Análise didáctica e discusión da sesión práctica realizada na clase laboratorio realizada na práctica B. O alumnado deberá participar activamente e realizar as tarefas encomendadas.
Obradoiro Intervención docente. O alumnado imparte unha sesión que foi programada no traballo tutelado e nos seminarios.
A sesión é avaliada por el@s mesm@s, os seus e as súas compañeiras e a profesora. Empréganse ferramentas de observación sincrónica e a través de gravación audiovisual.
Prácticas de laboratorio Experimentación de diferentes intervencións a través da motricidade. Participación nun microensino e na reflexión-análise do final da sesión.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado deseñará colaborativamente unha programación (traballo tutelado). Este proceso de traballo colaborativo será documentado nun diario individual e co rexistro das reunións de traballo desenvolvidas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000