Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Comprender, elaborar e saber aplicar os procedementos, estratexias, actividades, recursos, técnicas e métodos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con eficiencia, desenvolvendo todo o curso da acción nas actividades de loita A1
A3
A4
B1
C1
C5
C11
2. Deseñar e aplicar o proceso metodolóxico integrado pola observación, reflexión, análise, diagnóstico, execución, avaliación técnico-científica e/ou difusión nas actividades de loita B9
B13
C2
3. Comunicar e interactuar de forma adecuada e eficiente, nas actividades de loita, demostrando habilidades docentes de forma consciente, natural e continuada A2
A4
C3
4. Adaptar a intervención educativa das actividades de loita ás características e necesidades individuais para toda a poboación, atendendo ao xénero e á diversidade A3
A4
A5
B4
B5
C4
C13
C14
5. Identificar, comunicar e aplicar criterios científicos anatómico-fisiolóxicos e biomecánicos de destrezas no desenvolvemento das actividades de loita; para previr, minimizar e/ou evitar un risco para a saúde na práctica das actividades de loita A2
A3
A4
A5
B1
B5
B9
C6
C13
C19
C22
C25
C27
C28
6. Identificar, promover e orientar actividades que fomenten a adhesión a un estilo de vida activo e a participación e práctica regular e saudable das actividades de loita de forma adecuada, eficiente e segura por parte dos cidadáns coa finalidade de mellorar a súa saúde integral, benestar e calidade de vida A1
A5
B1
B4
C11
C15
7. Promover a educación, difusión, información e orientación constante ás persoas sobre os beneficios, significación, características e efectos positivos da práctica regular das actividades de loita, dos riscos e prexuízos dunha inadecuada práctica e dos elementos e criterios que identifican a súa execución adecuada, así como a información, orientación e asesoramento das posibilidades da práctica apropiada das actividades de loita na súa contorna A1
A5
B6
C14
C26
8. Elaborar con fluidez procedementos e protocolos para resolver problemas pouco estruturados, imprevisibles e de crecente complexidade, articulando e despregando un dominio dos elementos, métodos, procesos, actividades, recursos e técnicas que compoñen as actividades de loita de forma adecuada, eficiente, sistemática, variada e integrada metodolóxicamente para toda a poboación e con énfase nos escolares, atendendo ao xénero e á diversidade e no ensino formal e informal das actividades de loita A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C5
C12
C13
C14
9. Desenvolver e implementar a avaliación técnico-científica dos elementos, métodos, procedementos, actividades, recursos e técnicas que compoñen as actividades de loita; tendo en conta o desenvolvemento, características, necesidades e contexto dos individuos, os diferentes tipos de poboación e os espazos onde se realizan as actividades de loita A1
B2
B3
B5
B6
C8
C16
10. Identificar e realizar avaliación técnico-científica dos recursos materiais e instalacións deportivas, incluído o seu deseño básico e funcional, así como adecuada selección e utilización, para as actividades de loita, coa finalidade de realizar actividades seguras, eficientes e saudables, garantindo a seguridade, eficiencia e profesionalidade na actividade desempeñada no cumprimento da normativa vixente B4
C8
C20
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000