Resolución de problemas |
Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o exame valese un 40% se a docente decide aplicar este criterio de avaliación. |
0 |
|
|
|
|
Prácticas de laboratorio |
Participación activa nas clases prácticas avaliada mediante unha ficha de control |
10 |
|
|
|
|
Para superar a materia en primeira convocatoria e de maneira continua, o alumnado ha de aprobar a parte práctica (50%) tal e como se describiu no apartado de probas (traballos de aula e prácticas de laboratorio). Tamén se someterá a un exame da parte teórica (50%) o día oficial do exame. É imprescindible aprobar ambas as partes, teórica e práctica, para superar a materia. En Resolución de problemas e/ou exercicios: Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final. Quen non cumpra cos requisitos da práctica de forma continua, presentarase a unha avaliación consistente en: a) exame sobre a parte teórica da materia: 5 puntos b) exame sobre a parte práctica da materia: 5 puntos. É imprescindible aprobar tanto o apartado a) como o b) para superar a materia. |