Lección maxistral |
O alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas. A docente, atendendo ás dúbidas, repasará conceptos, proporá novos exemplos ... Así mesmo, o estudantado poderá revisar a cualificación obtida na proba final escrita e demáis traballos que deban presentar, comprobando que ésta se axusta aos criterios de avaliación establecidos na guía docente. |
|
Traballo tutelado |
Nestas sesións, en grupos reducidos, realizarase un seguimento e resolveranse as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns ou ilustren un caso interesante, coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos marcados para esta materia. |
|