A materia terá un obxectivo prioritario dirixido ao desenvolvemento da capacidade creadora do alumno. É a nosa intención que de forma paralela ao descubrimento, coñecemento e experimentación das técnicas e as teorías de deseño que conforman o programa, o alumno poña de relevo os seus intereses artísticos e traballe na procura da súa idea e desenvolvemento da súa propia linguaxe a través dos medios que se lle ofrecen con profesionalidade.