Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacidade de xestión da información. |
B2 |
Capacidade de comunicación. Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro do seu campo de estudo |
B3 |
Coñecemento básico da metodoloxía de investigación das fontes, a análise, a interpretación e síntese |
B4 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma. |
B5 |
Capacidade de traballar autonomamente. |
B6 |
Capacidade de traballar en equipo. |
B7 |
Capacidade de integración en grupos multidisciplinares. Capacidade de colaboración con profesionais doutros campos |
B8 |
Capacidade de iniciativa propia e de automotivación. |
B9 |
Capacidade de perseverancia. |
B11 |
Habilidades interpersoais, conciencia das capacidades e dos recursos propios |
B12 |
Capacidade de adaptación a novas situacións. |
B13 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade |
B15 |
Sensibilidade a respecto do patrimonio cultural. |
B16 |
Compromiso ético profesional. |
C1 |
Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte |
C2 |
Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural |
C3 |
Comprensión crítica da responsabilidade de desenvolver o propio campo artístico. Compromiso social do artista |
C4 |
Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca entre a arte e a sociedade |
C5 |
Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores |
C6 |
Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte |
C7 |
Coñecemento do vocabulario e dos conceptos inherentes a cada técnica artística particular. Coñecer a linguaxe creativa específica |
C8 |
Coñecemento das diferentes funcións que a arte adquiriu a través do desenvolvemento histórico. Estudar a evolución do papel da arte a través do tempo |
C9 |
Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística |
C10 |
Coñecemento de institucións e organismos culturais españois e internacionais e do seu funcionamento (rede museística, exposicións, bienais, etc.) |
C12 |
Coñecemento dos materiais e dos seus procesos derivados de creación e/ou produción. Coñecer os materiais, procedementos e técnicas que se asocian a cada linguaxe artística |
C13 |
Coñecemento básico da metodoloxía de investigación das fontes, a análise, a interpretación e síntese. Analizar, interpretar e sintetizar as fontes |
C17 |
Coñecemento dos diferentes axentes artísticos e o seu funcionamento. Identificar os distintos intermediarios artísticos e as súas funcións na dinámica da arte e a súa metodoloxía de traballo |
C19 |
Capacidade para identificar e entender os problemas da arte. Establecer os aspectos da arte que xeran procesos de creación. |
C21 |
Capacidade de comprender e valorar discursos artísticos en relación coa propia obra. Establecer medios para comparar e relacionar a obra artística persoal co contexto creativo. |
C25 |
Capacidade de (auto)reflexión analítica e (auto)crítica no traballo artístico. |
C35 |
Capacidade para activar un contexto cultural e/ou modificar un contexto público ou privado. Saber entender o contexto cultural para xerar iniciativas e dinamizar o entorno |
C37 |
Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socioculturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística |
C39 |
Capacidade de determinar o sistema de presentación adecuado para as calidades artísticas específicas dunha obra de arte. Adquirir criterios para a adecuada apreciación da obra de arte en relación co seu entorno e exhibición |