Traballo tutelado |
O traballo tutelado desta materia aséntase en tres núcleos fundamentais interrelacionados entre si: CONCEPTUAL, PROCEDEMENTAL e ACTITUDINAL, de tal maneira que cada un deles actúa e intervén nos outros dous.
CONCEPTO. Os valores conceptuais refírense a cuestións relativas ao interese plástico e expresivo do traballo realizado, así como o interese investigador e experimental que abarca (Valor: 33,33%).
PROCEDEMENTO. Os valores procedementais refírense aos resultados obtidos a nivel de destrezas e técnicas, á interiorización de usos procedementais, á resolución material e aos niveis de complexidade sensible e técnica (Valor: 33,33%).
ACTITUDE. Os valores actitudinais fan referencia á implicación, á capacidade de traballo e progresión, á receptividade mostrada polo alumno no día a día, ao volume de traballo e á asistencia continuada (Valor: 33,33%). |
40 |
|
|
C7 C9 C12 C20 C21 C22 C31 C42
|
|
O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación: - AVALIACIÓN CONTINUA: Os estudantes farán periodicamente na aula presentacións dos traballos e exposicións dos resultados durante o transcurso do cuadrimestre. ASISTENCIA: A falta de asistencia non xustificada que supere un terzo das clases (5 clases) supón ir directamente a exame de maio. - AVALIACIÓN GLOBAL: Os estudantes deberán presentar todos os traballos propostos durante o curso e o día da proba realizará un exercicio proposto nesa convocatoria. 1ª Convocatoria (maio) consultar a web da Facultade 2ª Convocatoria (xullo) consultar a web da Facultade Requisito obrigatorio previo ao exame: Entrega de cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase. Convocatoria Extraordinaria Fin de Carrera consultar a web da Facultade Requisito obrigatorio previo ao exame: Entrega de cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase. |