Evidentemente, e dada a importancia histórica do Debuxo no contexto das Belas Artes, podemos dicir que o obxectivo fundamental desta materia sería, non só capacitar ao alumno en destrezas e habilidades técnicas que lle permitan unha formación transversal no ensino artístico, senón tamén, desvelar aqueles instrumentos e conceptos que lle permitan entender a experiencia do debuxo como unha linguaxe propia e autónoma capaz de xerar proxectos creativos singulares.