Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Debuxo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O traballo tutelado desta materia aséntase en tres núcleos fundamentais interrelacionados entre si: CONCEPTUAL, PROCEDEMENTAL e ACTITUDINAL, de tal maneira que cada un deles actúa e intervén nos outros dous.

CONCEPTO. Os valores conceptuais refírense a cuestións relativas ao interese plástico e expresivo do traballo realizado, así como o interese investigador e experimental que abarca (Valor: 33,33%).


PROCEDEMENTO. Os valores procedementais refírense aos resultados obtidos a nivel de destrezas e técnicas, á interiorización de usos procedementais, á resolución material e aos niveis de complexidade sensible e técnica (Valor: 33,33%).


ACTITUDE. Os valores actitudinais fan referencia á implicación, á capacidade de traballo e progresión, á receptividade mostrada polo alumno no día a día, ao volume de traballo e á asistencia continuada (Valor: 33,33%).
50 C7
C9
C12
C20
C21
C22
C31
C42
Resolución de problemas de forma autónoma Na parte que corresponde ao traballo autónomo valorarase a dedicación de horas, a capacidade de traballo e progresión, así como a receptividade mostrada semanalmente. Igualmente serán tidos en conta os valores descritos anteriormente no traballo tutelado. 50 B1
B2
C6
C14
C25
C32
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este guía docente establece en termos xerais os seguintes criterios de avaliación: 

a) Personalizados.

b) Contempla a adaptación curricular: Recuperación sobre a marcha. 

c) Control operativo: Avaliación continua.

d) Evalua capacidades. 

Convocatoria Extraordinaria de xullo: 9 de xullo de 2024 de 10:00 a 14:00 h 

Requisito obrigatorio previo ao exame: Entrega de cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase. 

Convocatoria Extraordinaria Fin de Carrera: 3 de outubro 2023 de 16:00 a 20:00 h 

Requisito obrigatorio previo ao exame: Entrega de cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000