Arte e
Modernidade é unha asignatura impartida polos pofesores Susana Cendán e Jorge
Varela. A asignatura
estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana)
consisten na exposición razonada dunha serie de conceptos cuxo obxectivo é que
o alumnado alcance puntos de vista propios e globalizadores sobre os contidos
da materia, introducíndoo no territorio da Historia da Arte de xeito gradual, ordenado
e crítico. É recomendable a
asistencia as clases teóricas para a correcta comprensión e estructuración dos
contidos. Prégase puntualidade e a desconexión dos dispositivos móviles. EN
NINGÚN CASO ESTÁ PERMITIDO GRABAR AOS PROFESORES/AS NO TRANSCURSO DA CLASE,
CALQUERA QUE SEXA O FORMATO EMPREGADO. As CLASES
PRÁCTICAS ou SEMINARIOS estructúranse en catro grupos de traballo (P1, P2, P3 e
P4) dunha hora de duración. As clases prácticas amplían e profundizan nos
contidos teóricos da asignatura, permitindo ó alumnado desenvolver análises
sobre problemáticas concretas así como acadar unha participación real e eficaz
no contexto da clase. O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación: - Avaliación contínua: A AVALIACIÓN da materia baséase nunha avaliación continuada (100%) que comprende a realización grupal dunha serie de exercicios e actividades. A pertenza a un grupo de traballo é inamovible (excepto incompatibilidades que o alumnado deberá comunicar aos profesores/as). Non se valorará a realización de exercicios fora do grupo de traballo. Si a implicación do alumnado nos grupos de traballo é discontinuo (máis de dúas faltas) non se valorará a súa participación no mesmo. Terase en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente. En resumo, as actividades que forman parte da avaliación da asignatura son: 1. SEMINARIO 40%. Como se indica na descrición do apartado, as actividades a realizar buscan agudizar o sentido crítico e o debate en cuestións relacionadas coa historia da arte: Aprender a ler as imaxes (5%); Museos, coleccións e marchantes de arte (10%); ARCO 2025 (10%); Proba pre exame (5%); Análisis de memorias de TFG (10%). 2. ESTUDO DE CASOS 20%. Este apartado inclúe a realización dunha Performance ou Acción (10%) relacionada co espíritu trangresor de Dada; e unha actividade centrada en proporcionar claves para redactar Resumos e empregar palabras clave (10%), cuestións fundamentais na redacción das memorias teóricas do TFG. É preciso ter en conta que os seminarios constan de dúas partes: a primeira parte é de explicación e desenvolvemento do exercicio; e a segunda parte comprende a exposición oral dos exercicios grupais. 3. EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO (40%). Trátase dun exame individual de RESPOSTAS CURTAS relacionado coa comprensión crítica dos contidos da materia. O obxectivo é analizar as capacidades analíticas, de redacción e argumentación do alumnado de maneira individual. - Avaliación global: Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán comunicalo ao DECANATO no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. · Convocatoria de MAIO 2025: P3, P4 xoves 22 de maio de 2025 entre as 16.00 e as 17.30 horas (Espazo 16); P1, P2: Venres 23 de maio de 2025 entre as 10.00 e as 11.30 horas (Espazo 16) ACLARACIÓNS IMPORTANTES: Para que se contabilicen as actividades realizadas nos SEMINARIOS, é preciso acadar unha participación do 80%. Asimesmo, para que os exercicios dos SEMINARIOS fagan media co Exame de preguntas de desenvolmento (40%), deberase sacar neste un mínimo de 4 puntos. Unha nota inferior, implica a repetición do exame na convocatoria de xullo, conservándose as notas obtidas nos seminarios. Valorarase a puntualidade nos seminarios. O alumnado que se incorpore unha vez transcorridos 10 minutos desde o comezo da práctica, non se lle valorará a actividade. A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado no tempo. O primeiro día de clase a profesora indicará os prazos para a conformación dos grupos. As convocatorias de xuño/xullo son dúas convocatorias diferentes. En ningún caso se pode entender a convocatoria de xullo como unha oportunidade para subir nota.
DATAS DE EXAMES: · Convocatoria de XULLO 2025: https://belasartes.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |