Educational guide 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver 0
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas 40
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e
Modernidade é unha asignatura impartida polos pofesores Susana Cendán e Jorge
Varela.

A asignatura
estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana)
consisten na exposición razonada dunha serie de conceptos cuxo obxectivo é que
o alumnado alcance puntos de vista propios e globalizadores sobre os contidos
da materia, introducíndoo no territorio da Historia da Arte de xeito gradual, ordenado
e crítico.

É recomendable a
asistencia as clases teóricas para a correcta comprensión e estructuración dos
contidos. Prégase puntualidade e a desconexión dos dispositivos móviles. EN
NINGÚN CASO ESTÁ PERMITIDO GRABAR AOS PROFESORES/AS NO TRANSCURSO DA CLASE,
CALQUERA QUE SEXA O FORMATO EMPREGADO.

As CLASES
PRÁCTICAS ou SEMINARIOS estructúranse en catro grupos de traballo (P1, P2, P3 e
P4) dunha hora de duración. As clases prácticas amplían e profundizan nos
contidos teóricos da asignatura, permitindo ó alumnado desenvolver análises
sobre problemáticas concretas así como acadar unha participación real e eficaz
no contexto da clase.

O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación:

- Avaliación contínua:

AVALIACIÓN da materia baséase nunha avaliación continuada (100%) que comprende a realización grupal dunha serie de exercicios e actividades. A pertenza a un grupo de traballo é inamovible (excepto incompatibilidades que o alumnado deberá comunicar aos profesores/as). Non se valorará a realización de exercicios fora do grupo de traballo. Si a implicación do alumnado nos grupos de traballo é discontinuo (máis de dúas faltas) non se valorará a súa participación no mesmo. Terase en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente.

En resumo, as actividades que forman parte da avaliación da asignatura son:

1.       SEMINARIO 40%. Como se indica na descrición do apartado, as actividades a realizar buscan agudizar o sentido crítico e o debate en cuestións relacionadas coa historia da arte: Aprender a ler as imaxes (5%); Museos, coleccións e marchantes de arte (10%); ARCO 2025 (10%); Proba pre exame (5%); Análisis de memorias de TFG (10%).

2.       ESTUDO DE CASOS 20%. Este apartado inclúe a realización dunha Performance ou Acción (10%) relacionada co espíritu trangresor de Dada; e unha actividade centrada en proporcionar claves para redactar Resumos e empregar palabras clave (10%), cuestións fundamentais na redacción das memorias teóricas do TFG.

É preciso ter en conta que os seminarios constan de dúas partes: a primeira parte é de explicación e desenvolvemento do exercicio; e a segunda parte comprende a exposición oral dos exercicios grupais.  

3. EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO (40%). Trátase dun exame individual de RESPOSTAS CURTAS relacionado coa comprensión crítica dos contidos da materia. O obxectivo é analizar as capacidades analíticas, de redacción e argumentación do alumnado de maneira individual.

- Avaliación global:

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán comunicalo ao DECANATO no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

·         Convocatoria de MAIO 2025P3, P4 xoves 22 de maio de 2025 entre as 16.00 e as 17.30 horas (Espazo 16); P1, P2: Venres 23 de maio de 2025 entre as 10.00 e as 11.30 horas (Espazo 16)

ACLARACIÓNS IMPORTANTES:

  •       Para que se contabilicen as actividades realizadas nos SEMINARIOS, é preciso acadar unha participación do 80%. Asimesmo, para que os exercicios dos SEMINARIOS fagan media co Exame de preguntas de desenvolmento (40%), deberase sacar neste un mínimo de 4 puntos. Unha nota inferior, implica a repetición do exame na convocatoria de xullo, conservándose as notas obtidas nos seminarios.

  •      Valorarase a puntualidade nos seminarios. O alumnado que se incorpore unha vez transcorridos 10 minutos desde o comezo da práctica, non se lle valorará a actividade.

  •      A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado no tempo. O primeiro día de clase a profesora indicará os prazos para a conformación dos grupos.

  •      As convocatorias de xuño/xullo son dúas convocatorias diferentes. En ningún caso se pode entender a convocatoria de xullo como unha oportunidade para subir nota.

DATAS DE EXAMES:

·         Convocatoria de XULLO 2025: https://belasartes.uvigo.es/es/docencia/examenes/

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000